Día das Letras Galegas 2023

Un ano máis, celebramos o día das Letras Galegas. Nesta ocasión homenaxeando un home cuxo activismo a prol da lingua e da cultura galega resultou fundamental nun momento duro da nosa historia. Un home que, entre outras cousas, axudou a instituír esta mesma celebración. Desde o centro propuxémoslle ao alumnado unha actividade epistolar (xénero do que … Read more

Cousiñas do mar e do río

Estrea mundial de:  COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO .Unha obra de Fernando González Graña. Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO:  Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar!  Esta obra foi montada como colaboración do Equipo de Radio co Proxecto Ríos do centro. 

Rodri Míguez, tiktoker galego e en galego!

Unha das actividades máis celebradas da “Semaniña enteira” foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez, xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex … Read more

A lavandeira de San Simón

Entre os libros de lectura recomendada neste curso volveu estar A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto. A raíz da súa lectura, o equipo de radio acordou entrevistar a Teresa Figueroa Otero, filla dunha desas lavandeiras heroicas das que fala o libro. E, para enmarcar o período, entrevistamos tamén a Guillermo Fontán Feijóo, avó … Read more

Día da Candeloria, onde casan os paxariños

O 2 de febreiro foi o día da Candeloria, día no que casan os paxariños e que algúns consideran o día dos namorados en Galicia. Velaquí unha escolma da nosa celebración e das nosas mensaxes de amor.Neste podcast participan David, Lucía, Rachele e Julia, alumnado de 2º Bacharelato do IES Mendiño, que se coordinaron coa … Read more

A lusofonía

Redondela fica a un paso de Tui, de Valença e do mundo lusófono. Galiza e Portugal, irmandadas á beira do Miño, aínda que moitas veces danse as costas. Que é a lusofonía? Serve para algo aprender portugués? É a lingua galega unha ponte para o mundo?Noa Blanco, Iago Campos, Iria Fernández e Iago Figueroa, alumnado … Read more