Entrevista Xosé González Martínez: Paco Fernández del Riego e a situación do galego

Pasou polos estudos de RQR Xosé González Martínez, un gran traballador a prol da lingua galega, como deixou patente coas innumebles iniciativas que desenvolveu coma funcionario do Concello de Redondela durante moitos anos.Un intelectual que segue moi activo a través da súa participación en diferentes publicacións, así como ás súas achegas en diferentes xornais galegos.Veu … Read more

Cousiñas do mar e do río

Estrea mundial de:  COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO .Unha obra de Fernando González Graña. Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO:  Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar!  Esta obra foi montada como colaboración do Equipo de Radio co Proxecto Ríos do centro. 

Rodri Míguez, tiktoker galego e en galego!

Unha das actividades máis celebradas da “Semaniña enteira” foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez, xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex … Read more

Pilar Moráguez, paixón pola música e o canto

O pasado 6 de marzo contamos cunha visita moi especial no noso instituto: Pilar Moráguez, cantante cubana soprano, de recoñecida traxectoria nacional (traballou durante máis de dúas décadas no Teatro Real de Madrid) e internacional. Achegouse ao IES Mendiño e cunha gran simpatía, contounos a súa paixón pola ópera e outros xéneros musicais, como funciona … Read more

Entrevista a Eva Mejuto

A escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón, 22 segundos ou Memoria do Silencio, visitou o noso centro, onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño, unha das sesións mensuais.E como colofón a … Read more

Poemas para a paz

Alumnado do IES Mendiño comparten poemas para celebrar o Día da Paz. Galego, castelán, inglés, francés, bable, italiano, éuscaro,malaio, árabe, a pluralidade lingüística presente entre todos quen forman parte da comunidade educativa.Lembra que este audio tamén o podes escoitar desde a web de Radio Redondela. CRÉDITOS: A música deste episodio, grazas a web de Musopen:Sinfonía … Read more

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O vindeiro sábado 11 de febreiro, celebramos en todo o mundo o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.No programa de hoxe imos afondar nesta cuestión con algunhas alumnas de 4º ESO A e 1º Bacharelato A matriculadas en materias de ciencias. Elas son: Ariana, Flavia, Nayra, Leire, Marta, Lucía, Carmen, Xoana, Antía, … Read more

Experimentando co teatro radiofónico

O teatro radiofónico chega ao IES Mendiño no marco das actividades da radio escolar que temos en marcha desde hai dous anos.Doce profesores e profesoras do centro realizamos un curso co actor Avelino González o pasado mes de novembro e, froito del, estamos a desenvolver diversas actividades que xuntan teatro e radio.No programa de hoxe … Read more

25N: Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller

“Porque a violencia non é un xogo” é o lema co que se conmemora este ano 2022 o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller na nosa vila, Redondela.O IES Mendiño participa activamente nas actividades educativas arredor desta conmemoración.NIco e Maeloc, de 1º de Bacharelato, aproveitan a ocasión para conversar con Almudena Suárez, … Read more

Todas as pegadas levan a ela. Día das Bibliotecas

O luns 24 de outubro tivo lugar a celebración do Días das Bibliotecas. Baixo o lema “Todas as pegadas levan a ela” o equipo da biblioteca do IES Mendiño realizou toda unha serie de actividades nas que implicaron a toda a comunidade educativa. Acompaña ao alumnado de 1º ESO A, Uxía Barreiro Gómez, Pablo Boullosa … Read more