Entrevista a membros do Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes

E no último programa deste curso, o alumnado de 1º da ESO C, representado por Sabela e Antía, entrevistaron ao presidente (José Antonio) e exsecretario (Norberto) do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, de Cesantes. Unha asociación coa que o noso centro colaborou recentemente nunha limpeza do río Pexegueiro e que nos viñeron falar das … Read more

Día Mundial do Teatro

Escoita “Día Mundial do Teatro” en Spreaker.

Para celebrar unha data senlleira como a do 27 de marzo, o alumnado de 1º de ESO A e 1º de ESO C aproveitou a súa asistencia á representación en Vigo de Las aventuras de Tom Sawyer para comentar curiosidades sobre o novelista Mark Twain e para dramatizar algunhas escenas do texto adaptado. Asemade, comparten con nós as súas recensións neste enlace ao blog Poiesis. Pola outra banda, Catalina contextualiza a conmemoración e intervén xunto con tres alumnas de 1º de ESO A e Miguel Rancaño Míguez, exalumno do centro e profesor de Lingua Galega en formación, na lectura teatralizada da escena I de Romance de Lobos, comedia bárbara de Ramón del Valle-Inclán. Aderezan o programa dúas cuñas publicitarias elaboradas polo alumnado de Oratoria: Abril Nieto Moráguez (2º ESO A) e Sabela Piedras Arca (2º ESO B); Breixo Díaz Álvarez (2º ESO C), Pablo Docampo Pérez (2º ESO B) e Naira Cabaleiro López (2º ESO A). Durante o programa, por orde de intervención, participan:

  • Christian de la Hoz Andrade, Paula González Mirou, Brais Couñago Cabaleiro, Saray Misa Pérez de 1º ESO C.
  • Antía Ventura Martínez, Bruno Silva Couñago, Sabela Costas Lago, Raúl Álvarez Rodríguez de 1º ESO C.
  • Omar Martínez Dopazo e Hugo Barriga Fervenza de 1º de ESO C.
  • Iago Yáñez García, Raquel Bouzón Teles, Hugo García Reguera, Eloy Allut Camiña de 1º ESO A.
  • África Bouzón Cardesín, Manuel Camino Nogueiras, Thiago Pérez Condines, Luna Regueiro Vuelta, Pablo Boullosa Alonso, Juan Pérez Táboas de 1º ESO A.
  • Miguel Rancaño Míguez, Catalina Míguez Vilas, Uxía Barreiro Gómez, Luna Regueiro Vuelta e Shaila Castro Novelle de 1º ESO A.

CRÉDITOS:

Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com

Cousiñas do mar e do río

Estrea mundial de:  COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO .Unha obra de Fernando González Graña. Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO:  Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar!  Esta obra foi montada como colaboración do Equipo de Radio co Proxecto Ríos do centro. 

A lavandeira de San Simón

Entre os libros de lectura recomendada neste curso volveu estar A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto. A raíz da súa lectura, o equipo de radio acordou entrevistar a Teresa Figueroa Otero, filla dunha desas lavandeiras heroicas das que fala o libro. E, para enmarcar o período, entrevistamos tamén a Guillermo Fontán Feijóo, avó … Read more

Todas as pegadas levan a ela. Día das Bibliotecas

O luns 24 de outubro tivo lugar a celebración do Días das Bibliotecas. Baixo o lema “Todas as pegadas levan a ela” o equipo da biblioteca do IES Mendiño realizou toda unha serie de actividades nas que implicaron a toda a comunidade educativa. Acompaña ao alumnado de 1º ESO A, Uxía Barreiro Gómez, Pablo Boullosa … Read more

Faladoiros en galego

Este venres 21 de outubro de 2022 botamos a andar os Faladoiros de galego do IES Mendiño. Hoxe viñeron a radio Brais Araujo e Uxía Barreiro, de 1ESO A, que gravaron unha cuña para animar a comunidade educativa a participar.Vive a experiencia de falar en galego! CRÉDITOS: Músicas que acompañan o audio: Deitado frente ao … Read more

Para que serve unha ANPA?

Neste segundo episodio da tempada, dentro da benvida que lle seguimos dando ao cuso 22/23, Mara Comesaña e Bruno Alonso, de 1º ESO B, acompañados da súa profesora de galego Pilar Cornes, entrevistan a Anxo Lusquiños, o presidente da ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado) do IES Mendiño. Con el falan, entre outros … Read more