Listen to “Rodri Míguez, tiktoker galego, e en galego!” on Spreaker.
Unha das actividades máis celebradas da “Semaniña enteira” foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez, xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex alumno do Mendiño. Neofalante tamén.
Entre os cinco contaron como e cando decidiron botarse a falar en galego. Deron consellos para facelo en fortaleza e animaron o alumnado a dar o paso. Xa ao remate, a petición do estudantado, Rodri Míguez deu referentes musicais e audiovisuais actuais que lle parecía que puideran sen atractivos para o alumnado presente. Por este motivo, e a petición novamente do noso alumnado, convidámolo á RQR para facerlle unha entrevista, e que quedase constancia desas recomendacións, por se fosen do interese tamén para o resto da comunidade educativa do centro.
A entrevista foi elaborada polo alumnado de 1º de Bacharelato e foi locutada por Sara e Nico, de 1º de Bacharelato C.
CRÉDITOS:
Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com