Visita a Radio Redondela

Esta semana visitamos os estudos de Radio Redondela. Fomos coñecer o seu labor, en mans da xornalista Susi Queimaliños. E, en breve, contaremos cun espazo da nosa radio escolar, RQR, na radio municipal. Unha saída ao exterior das nosas “ondas” que nos alegra moito. Foto: Nico Pérez, Aroa González e Elena Barreiro, alumnado do IESMendiño, … Read more

Falamos con Fon Conde sobre a música en Redondela

Achégase aos estudos de RQR, Fon Conde, quen ademais de ser o responsable da cafetaría do IES Mendiño, fixo a selección musicial para a nosa banda sonora desta semana con artistas de Redondela: músicas e vídeos de Quilometro 0, que se poden escoitar no centro ao longo desta semana.Ademais, agasallounos coa estrea mundial do último … Read more

Faladoiros en galego

Este venres 21 de outubro de 2022 botamos a andar os Faladoiros de galego do IES Mendiño. Hoxe viñeron a radio Brais Araujo e Uxía Barreiro, de 1ESO A, que gravaron unha cuña para animar a comunidade educativa a participar.Vive a experiencia de falar en galego! CRÉDITOS: Músicas que acompañan o audio: Deitado frente ao … Read more

Especial sobre o Orgullo

Neste episodio especial do Cercáronme as Ondas “edición Orgullo” facemos algo inédito, alumnado do noso centro traendo aos estudos de RQR do IES Mendiño compañeiros doutros institutos para formar unha mesa de expertos, expertas e expertes de toda clase e condición para poder explicar e dar a coñecer un pouco máis á nosa xente que … Read more

Para que serve unha ANPA?

Neste segundo episodio da tempada, dentro da benvida que lle seguimos dando ao cuso 22/23, Mara Comesaña e Bruno Alonso, de 1º ESO B, acompañados da súa profesora de galego Pilar Cornes, entrevistan a Anxo Lusquiños, o presidente da ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado) do IES Mendiño. Con el falan, entre outros … Read more

Benvida ao curso 2022-23

Dámoslle a benvida ao curso 2022-23 entrevistando a catro alumnas/os recén chegados ao noso centro. Falamos con Bruno Silva, Lucía Campos, Melani García e Ainhoa Mouriño, todas alumnas de 1º de ESO C. E acompáñaas a súa profesora de Lingua Galega, Olga Nogueira. Todas/os acaban de chegar ao IES Mendiño, e imos conversar sobre as … Read more

Recortes, recortes, recortes no ensino público galego

Metidos na fin do mes de xullo achegámonos aos micros, da man do director do instituto, para vos contar como afectan os recortes de persoal docente e o aumento das ratios das aulas a un centro público, coma o noso. Músicas que acompañan o audio:Wholesome by Kevin MacLeodLink: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesomeLicense: https://filmmusic.io/standard-license

Comprendendo os procesos meteorolóxicos de Galicia

Ademais do alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño, o alumnado das materias de Ciencias da Terra e do medioambiente de 2º de bacharelato e de Cultura científica de 4º da ESO tamen combinaron a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR.  A profesora de Bioloxía e xeoloxía, Liliana Saco, planteou ao … Read more