Especial sobre o Orgullo

Neste episodio especial do Cercáronme as Ondas “edición Orgullo” facemos algo inédito, alumnado do noso centro traendo aos estudos de RQR do IES Mendiño compañeiros doutros institutos para formar unha mesa de expertos, expertas e expertes de toda clase e condición para poder explicar e dar a coñecer un pouco máis á nosa xente que … Read more

Para que serve unha ANPA?

Neste segundo episodio da tempada, dentro da benvida que lle seguimos dando ao cuso 22/23, Mara Comesaña e Bruno Alonso, de 1º ESO B, acompañados da súa profesora de galego Pilar Cornes, entrevistan a Anxo Lusquiños, o presidente da ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado) do IES Mendiño. Con el falan, entre outros … Read more

Benvida ao curso 2022-23

Dámoslle a benvida ao curso 2022-23 entrevistando a catro alumnas/os recén chegados ao noso centro. Falamos con Bruno Silva, Lucía Campos, Melani García e Ainhoa Mouriño, todas alumnas de 1º de ESO C. E acompáñaas a súa profesora de Lingua Galega, Olga Nogueira. Todas/os acaban de chegar ao IES Mendiño, e imos conversar sobre as … Read more

Recortes, recortes, recortes no ensino público galego

Metidos na fin do mes de xullo achegámonos aos micros, da man do director do instituto, para vos contar como afectan os recortes de persoal docente e o aumento das ratios das aulas a un centro público, coma o noso. Músicas que acompañan o audio:Wholesome by Kevin MacLeodLink: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesomeLicense: https://filmmusic.io/standard-license

Comprendendo os procesos meteorolóxicos de Galicia

Ademais do alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño, o alumnado das materias de Ciencias da Terra e do medioambiente de 2º de bacharelato e de Cultura científica de 4º da ESO tamen combinaron a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR.  A profesora de Bioloxía e xeoloxía, Liliana Saco, planteou ao … Read more

Música funcional (07): As Gymnopédies de Satie, moito máis que música ambiental

Quen non argardou algunha vez nunha sala de espera e ao tempo se decatou tarareando unha música coñecida? Pois neste sétimo capítulo da serie Música Funcional, Helena González e Néstor Redondo analizan as Gymnopédies de Satie, como exemplo representativo da música ambiental .A música funcional ou de circunstancia, creouse como elemento de apoio para realizar … Read more

Música funcional (04): Imos de voda!

Neste 4º capítulo da serie Músicas Funcionais, Silvia Avelleira e Paula Torres dan a coñecer a procedencia de distintas melodías que son empregadas para as entradas e saídas das celebracións nupciais.A música funcional ou de circunstancia, creouse como elemento de apoio para realizar certos momentos importantes da vida: actos institucionais, conmemoracións, espectáculos, inauguracións, festas,… e … Read more