Rodri Míguez, tiktoker galego e en galego!

Unha das actividades máis celebradas da “Semaniña enteira” foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez, xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex … Read more

Pilar Moráguez, paixón pola música e o canto

O pasado 6 de marzo contamos cunha visita moi especial no noso instituto: Pilar Moráguez, cantante cubana soprano, de recoñecida traxectoria nacional (traballou durante máis de dúas décadas no Teatro Real de Madrid) e internacional. Achegouse ao IES Mendiño e cunha gran simpatía, contounos a súa paixón pola ópera e outros xéneros musicais, como funciona … Read more

Entrevista a Eva Mejuto

A escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón, 22 segundos ou Memoria do Silencio, visitou o noso centro, onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño, unha das sesións mensuais.E como colofón a … Read more

Popurrí de Filosofía

Conversa distentida arredor da filosofía, con música incluída, á que se suman Senén Costas, profesor de Física e Química, e Óscar González, profesor de Filosofía, ambos do noso centro, o IES Mendiño. E acompañándoos coa entrevista, Maeloc, alumno de 1º de Bacharelato. Na técnica do programa, guiando a gravación da conversa, Nicolás, alumno de 1º … Read more

A lavandeira de San Simón

Entre os libros de lectura recomendada neste curso volveu estar A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto. A raíz da súa lectura, o equipo de radio acordou entrevistar a Teresa Figueroa Otero, filla dunha desas lavandeiras heroicas das que fala o libro. E, para enmarcar o período, entrevistamos tamén a Guillermo Fontán Feijóo, avó … Read more

Poemas para a paz

Alumnado do IES Mendiño comparten poemas para celebrar o Día da Paz. Galego, castelán, inglés, francés, bable, italiano, éuscaro,malaio, árabe, a pluralidade lingüística presente entre todos quen forman parte da comunidade educativa.Lembra que este audio tamén o podes escoitar desde a web de Radio Redondela. CRÉDITOS: A música deste episodio, grazas a web de Musopen:Sinfonía … Read more

Día da Candeloria, onde casan os paxariños

O 2 de febreiro foi o día da Candeloria, día no que casan os paxariños e que algúns consideran o día dos namorados en Galicia. Velaquí unha escolma da nosa celebración e das nosas mensaxes de amor.Neste podcast participan David, Lucía, Rachele e Julia, alumnado de 2º Bacharelato do IES Mendiño, que se coordinaron coa … Read more

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O vindeiro sábado 11 de febreiro, celebramos en todo o mundo o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.No programa de hoxe imos afondar nesta cuestión con algunhas alumnas de 4º ESO A e 1º Bacharelato A matriculadas en materias de ciencias. Elas son: Ariana, Flavia, Nayra, Leire, Marta, Lucía, Carmen, Xoana, Antía, … Read more

Experimentando co teatro radiofónico

O teatro radiofónico chega ao IES Mendiño no marco das actividades da radio escolar que temos en marcha desde hai dous anos.Doce profesores e profesoras do centro realizamos un curso co actor Avelino González o pasado mes de novembro e, froito del, estamos a desenvolver diversas actividades que xuntan teatro e radio.No programa de hoxe … Read more