O matrimonio Bach

O alumnado de 3º de ESO conta con reporteiros intrépidos que contan cunha máquina do tempo para viaxar ata o século XVIII.Julieta Fernández (María Collazo) achégase a Weimar, Alemaña, ao fogar do matrimonio Bach. Eles forman a familia musical máis importante do Barroco. Anna Magdalena Bach (María Bouzón) é unha recoñecida soprano e a mellor … Read more

Mulleres con Historia

Os integrantes do equipo de viaxes no tempo de Redondela lograron contactar con algunhas das mulleres máis senlleiras da Historia para recoller as súas inquedanzas e vivencias. Grazas aos resultados da súa primeira misión desfrutaremos das entrevistas a María Pita, Olympe de Gouges e Madame de La Fayette. Participantes: María Bouzón Fernández (3º A), María … Read more

Cousiñas do mar e do río

Estrea mundial de:  COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO .Unha obra de Fernando González Graña. Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO:  Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar!  Esta obra foi montada como colaboración do Equipo de Radio co Proxecto Ríos do centro. 

Cousas de francés

Con motivo do intercambio do IES Mendiño co Lycée Mauperthuis de Saint Malo o alumnado de 4°ESO, de xeito distendido, vainos contar cousas desta vila da Bretaña, da súa historia e da súa gastronomía. A continuación, alumnado de francés de 1° de Bacharelato contará tamén cousas da obra de teatro que fomos ver a Cangas … Read more

Rodri Míguez, tiktoker galego e en galego!

Unha das actividades máis celebradas da “Semaniña enteira” foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez, xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex … Read more

Pilar Moráguez, paixón pola música e o canto

O pasado 6 de marzo contamos cunha visita moi especial no noso instituto: Pilar Moráguez, cantante cubana soprano, de recoñecida traxectoria nacional (traballou durante máis de dúas décadas no Teatro Real de Madrid) e internacional. Achegouse ao IES Mendiño e cunha gran simpatía, contounos a súa paixón pola ópera e outros xéneros musicais, como funciona … Read more

Entrevista a Eva Mejuto

A escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón, 22 segundos ou Memoria do Silencio, visitou o noso centro, onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño, unha das sesións mensuais.E como colofón a … Read more

Popurrí de Filosofía

Conversa distentida arredor da filosofía, con música incluída, á que se suman Senén Costas, profesor de Física e Química, e Óscar González, profesor de Filosofía, ambos do noso centro, o IES Mendiño. E acompañándoos coa entrevista, Maeloc, alumno de 1º de Bacharelato. Na técnica do programa, guiando a gravación da conversa, Nicolás, alumno de 1º … Read more