Cousiñas do mar e do río

Estrea mundial de:  COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO .Unha obra de Fernando González Graña. Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO:  Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar!  Esta obra foi montada como colaboración do Equipo de Radio co Proxecto Ríos do centro. 

Cousas de francés

Con motivo do intercambio do IES Mendiño co Lycée Mauperthuis de Saint Malo o alumnado de 4°ESO, de xeito distendido, vainos contar cousas desta vila da Bretaña, da súa historia e da súa gastronomía. A continuación, alumnado de francés de 1° de Bacharelato contará tamén cousas da obra de teatro que fomos ver a Cangas … Read more

Rodri Míguez, tiktoker galego e en galego!

Unha das actividades máis celebradas da “Semaniña enteira” foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez, xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex … Read more

Pilar Moráguez, paixón pola música e o canto

O pasado 6 de marzo contamos cunha visita moi especial no noso instituto: Pilar Moráguez, cantante cubana soprano, de recoñecida traxectoria nacional (traballou durante máis de dúas décadas no Teatro Real de Madrid) e internacional. Achegouse ao IES Mendiño e cunha gran simpatía, contounos a súa paixón pola ópera e outros xéneros musicais, como funciona … Read more

Entrevista a Eva Mejuto

A escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón, 22 segundos ou Memoria do Silencio, visitou o noso centro, onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño, unha das sesións mensuais.E como colofón a … Read more

Popurrí de Filosofía

Conversa distentida arredor da filosofía, con música incluída, á que se suman Senén Costas, profesor de Física e Química, e Óscar González, profesor de Filosofía, ambos do noso centro, o IES Mendiño. E acompañándoos coa entrevista, Maeloc, alumno de 1º de Bacharelato. Na técnica do programa, guiando a gravación da conversa, Nicolás, alumno de 1º … Read more

A lavandeira de San Simón

Entre os libros de lectura recomendada neste curso volveu estar A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto. A raíz da súa lectura, o equipo de radio acordou entrevistar a Teresa Figueroa Otero, filla dunha desas lavandeiras heroicas das que fala o libro. E, para enmarcar o período, entrevistamos tamén a Guillermo Fontán Feijóo, avó … Read more

Poemas para a paz

Alumnado do IES Mendiño comparten poemas para celebrar o Día da Paz. Galego, castelán, inglés, francés, bable, italiano, éuscaro,malaio, árabe, a pluralidade lingüística presente entre todos quen forman parte da comunidade educativa.Lembra que este audio tamén o podes escoitar desde a web de Radio Redondela. CRÉDITOS: A música deste episodio, grazas a web de Musopen:Sinfonía … Read more

Día da Candeloria, onde casan os paxariños

O 2 de febreiro foi o día da Candeloria, día no que casan os paxariños e que algúns consideran o día dos namorados en Galicia. Velaquí unha escolma da nosa celebración e das nosas mensaxes de amor.Neste podcast participan David, Lucía, Rachele e Julia, alumnado de 2º Bacharelato do IES Mendiño, que se coordinaron coa … Read more